Enxeniería Xenética

Por Milagros Moa e Juan Periscal
2º de Bacharelato




¿Algunha vez soñaches coa perfección?¿e se che dixeran que hai unha posibilidade?.Hoxe en día no referente á xenética non podemos falar soamente de Dolly, xa que a ambición de coñecer do ser humano é ilimitada , o que se traduce nas numerosas liñas experimentais que se están a levar a cabo neste intre.
Posto así quizais sona disparatado pero a clave de todo esta na enxeñería xenética , e agora a cuestión é :¿Que é iso? É, pois, unha parte da xenética centrada no estudio do ADN co fin de manipulalo , cambiar a natureza dun organismo mediante a sustitución , supresión ou adición de material xenético.
A través disto poderiamos modificar o xenotipo de calquera individuo,comezando así o camiño cara a perfección.
Aí tes o dilema: cómo utilizar este coñecemento no noso beneficio?.E para saber o que temos que mellorar debemos reflexionar sobre as nosas limitacións, e unha vez analizadas buscar exemplos no resto da natureza , tomar os xenes responsables desas características que nós queremos adquirir e introducilas no noso ADN.
E se todo isto vos sona a ciencia ficción , ímosvos mostrar algúns feitos de incribles especies con características sorprendentes coas que poderiamos experimentar:
como o peixe cebra, capaz de rexenerar o seu propio corazón ; e aínda mellor o axolote ( que tamén e un peixe) posúe esta capacidade de rexeneración de calquera membro do seu corpo incluso un 30- 40% da súa cabeza, o que tería importantes aplicacións no ser humano que ao posuír este xen podería recuperar tecido cardíaco ( tomando o do peixe cebra ) e ata recuperar totalmente un membro amputado se controlasemos o xen que lle concede esta propiedade ao axolote.
o que tería importantes aplicacións no ser humano que ao posuír este xen podería recuperar tecido cardíaco ( tomando o do peixe cebra ) e ata recuperar totalmente un membro amputado se controlasemos o xen que lle concede esta propiedade ao axolote.
Presentámosvos tamén outro descubrimento que nos mostra a magnitude de acción da enxeñería xenética que nos pode levar ao camiño da ata agora inalcanzable utopía da xuventude eterna.A causa do noso envellecemento débese a dexeneración do ADN polas continuadas divisións celulares, pois ben , xa foron cultivadas con éxito en laboratorio CÉLULAS NAI INMORTAIS, si , tal como ledes ¡un ser formado a partir destas células non morrería por vellez!
Cabe destacar que tamén poderiamos incrementar o noso potencial fisico a niveis insospeitables, xa sexa na forza, velocidade, reflexos...o que non está tan lonxe, xa que esa información está aí, na natureza.

Pero non pensedes que isto da enxeñería xenética é algo novo que xurdiu agora, a pesar de que está en pleno “boom” mediático , xa que é un tema coñecido e estudiado dende fai décadas.De feito quizais teñades escoitado algunha vez que na época da II Guerra Mundial, Hitler financiou, supostamente, laboratorios clandestinos de experimentación con estas técnicas para a creación de supersoldados, aínda que realmente nunca se probou.
Par rematar cómpre sinalar que non pretendemos concienciarvos da posibilidade de acadar a inmortalidade ou a perfección do ser humano, simplemente mostrarvos o gran potencial de esta ciencia, como crear novos alimentos mellor adaptados e máis nutritivos (cousa que se fai actualmente), curar enfermidades xenéticas , recuperar tecidos danados en accidentes,etc.
A xenética ofrécenos un mundo cheo de posibilidades, e cando cheguemos a comprender este mundo seremos protagonistas dunha gran revolución.

0 comentarios: