PEQUENAS PERO GUERREIRAS


Lorena & Natalia.2º C Bach.

TI, si ti, o que estás ai,non soportas os cambios de humor da túa compañeira de clase? estás canso de escoitar a túa nai queixarse da dor de cabeza? non sabes como actuar ante as alteracións no desexo sexual da túa parella? aínda non sabes o por que destes cambios? é hora de informarte. Atende:

Hai unhas substancias químicas producidas polas glándulas endocrinas, tales como o páncreas, hipófises, cortiza suprarrenal..., que circulan polo sangue ata determinadas células desempeñando un papel regulador en todas as funcións do organismo, afectando ó humor, ciclos menstruais, desexo sexual, envellecemento...., estas son as tan célebres hormonas.
As hormonas femininas por excelencia son os estróxenos responsables do brote mamario e da menstruación durante a pubertade, influíndo tamén nos ósos, vasos sanguíneos, pel....Aínda que tamén é cousa de mulleres a testosterona, coñecida como a hormona masculina por antonomasia, no noso caso segregada polos ovarios e as glándulas suprarrenais e que está relacionada co desexo sexual, co exceso de vello corporal e ca aparición do acne.
Existen outras moitas tales como a serotonina, endorfina, hormonas tiroideas, adrenalina, cortisol, melatonina,insulina...que actúan sobre o noso organismo de múltiples formas.

Agora xa estás en condicións de entendernos, así que ármate de paciencia e sobre todo danos unha boa dosis de cariño.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

A partir de agora tereí máis paciencia, un sufridor.

Anónimo dijo...

Ya iba siendo hora de empezar a decir las cosas claras. Esto tiene que estar puesto en todos los tablones de anuncios de todos los institutos