UNHA VEZ MÁIS, FÓRA DA AULA TAMÉN SE APRENDE

Unha vez máis, os alumnos de ciencias de 1º de Bacharelato saímos da aula. Nesta ocasión, para facer un traballo de campo no que analizamos as dunas de Baldaio. Quedamos moi sorprendidos, pois nunca chegamos a pensar que unha simple morea de area tivese tantas partes e tantas especies de plantas diferentes.



Nada máis chegar, xantamos cuns bocadillos e comezamos a tarefa. Por sorte o bo tempo acompañounos en todo momento e poidemos realizar con éxito a nosa “misión”.
Fóra da clase e de horarios escolares, ampliamos este día os nosos coñecementos sobre a nosa zona costeira e a botánica de dito lugar.
Logo no instituto elaboramos diversos traballos coas mostras de plantas que recollemos en Baldaio e fixemos ademáis unha exposición con estas (que podedes ver se pasades polo hall do colexio).
Quédavos así demostrado que: ¡FÓRA DA AULA TAMÉN SE APRENDE!

0 comentarios: