1 comentarios

OS ALUMNOS DO IES PARGA PONDAL CELEBRARON O DÍA MUNDIAL DA SAÚDE



Os alumnos do IES Isidro Parga Pondal celebraron onte o Día Mundial da Saúde
Aproveitaron a ocasión para presentar o novo número da revista divulgativa que edita o centro educativo
Fecha: 8/4/2008

Os alumnos do IES Isidro Parga Pondal de Carballo fixeron onte un parón na súa actividade académica para conmemorar o Día Mundial da Saúde que, dende 1948, se conmemora o 7 de abril, data na que se fundou a OMS. Os estudantes de bacharelato aproveitaron esta ocasión para presentar no centro o terceiro número da revista científica, Rotativa Saudable que eles mesmos elaboran.
Nesta publicación mensual, os escolares abordan diferentes temas relacionados coa ciencia e tentan promover hábitos de vida saudables entre os mozos. De feito, esta edición recolle toda as actividades e explicacións que xurdiron a raíz da celebración da Semana da Ciencia o mes pasado.
A revista, que conta con todas as páxinas a cor, está coordinada polo departamento de Ciencias do instituto carballés e na actividade están traballando os alumnos dende primeiros de curso. «Eles fan os artigos e investigan a cerca dos temas sobre os que queren escribir, sempre coa nosa supervisión», explicou María José Santé, profesora del IES Isidro Parga Pondal.
Ao longo da mañá de onte os mozos repartiron os números de Rotativa Saudable polas clases do instituto. «Están moi ilusionados con todas as actividades que estamos a facer, pois os alumnos ven como todo o que aprenden na aula se pode aplicar na súa vida cotiá», explicou Santé.
De feito, desde o departamento de Ciencias deste centro educativo están realizando un gran esforzo por converter a materia nun constante atractivo para os estudantes.
Nova actividade
Esta non será a última iniciativa que leven a cabo. Así, está previsto que os alumnos que formaron parte da organización da Semana da Saúde participen nas actividades previstas para o Día da Ciencia na Rúa que se celebra na Coruña o próximo 10 de maio. Os estudantes trasladarán ata a cidade herculina todos os mostradores que exhibiron o mes pasado en Carballo.
O obxectivo é promover a saúde na vida dos escolares.

0 comentarios

Miguel Delibes de Castro nos dedicó el libro que apoya la asignatura de CCTMA