4 comentarios

COMEZAMOS A PREPARAR A VII SEMANA DA SAÚDE!!




Coma todos os anos comezamos a preparar a nosa Semana da Saúde, no IES Parga Pondal, con moito entusiasmo e con moitas ganas coma sempre.

Como temos por costume quedamos a comer no laboratorio, convertido en cociña durante unhas horas onde puidemos colaborar nela, e aprender desde como se lle quita a cáscara ao ovo ata como se cociñan moitos alimentos saúdables. Fomos ensinados polas nosas profes Mª José e Ana Luz.


Que foi o que comemos??
Pois comemos arroz, polo asado, ensalada (moi completa), froita ... ademais de todo, poidemos degustar té de algas e té de cacao, sin dúbida algunha moi ricos!!

Ademais de todo esto, xa case rematamos a planificación da semana da Saúde.

En resumo, a nosa Semana da Saúde vai vento en popa!!!!!
































TEMOS MOITAS ESPERANZAS POSTAS NELA!!!

2 comentarios

TENDAS BIO en aumento!!

Pincha no título para ver o vídeo.
Actualmente contamos con poucas tendas bio.
Unha tenda deste tipo de productos foi aberta n'A Coruña fai uns días, e xa posúe un numero considerable de clientes. Debemos de ter en conta que consumir alimentos de tipo bio, axúdanos a mellorar a nosa saúde e por tanto a vivir máis e mellor.
Nesta tenda poderemos atopar productos integramente biolóxicos, non só para alimentarnos senón para o noso aseo diario, cafetaría...
O certo é que non só nos beneficiariamos nós, senón que axudariamos ó medio ambiente (tan necesitado nestas últimas décadas) e ós propios animais que nos aportan os seus nutrientes, polo que a súa propia saúde e os medios de condicións nos que vivan, indirectamente, repercuten en nós.
Ademais de todo isto, agora xa sabemos grazas a epixenética (máis aló da xenética), que a nosa dieta, estilo de vida...pode activar como desactivar os nosos xens e predispoñelos para sufrir determinadas enfermidades.
As tendas bio, ecolóxicas, coma esta que abriu n'A Coruña, asegúranos a calidade dos seus produtos.
SOMOS O QUE COMEMOS.