TENDAS BIO en aumento!!

Pincha no título para ver o vídeo.
Actualmente contamos con poucas tendas bio.
Unha tenda deste tipo de productos foi aberta n'A Coruña fai uns días, e xa posúe un numero considerable de clientes. Debemos de ter en conta que consumir alimentos de tipo bio, axúdanos a mellorar a nosa saúde e por tanto a vivir máis e mellor.
Nesta tenda poderemos atopar productos integramente biolóxicos, non só para alimentarnos senón para o noso aseo diario, cafetaría...
O certo é que non só nos beneficiariamos nós, senón que axudariamos ó medio ambiente (tan necesitado nestas últimas décadas) e ós propios animais que nos aportan os seus nutrientes, polo que a súa propia saúde e os medios de condicións nos que vivan, indirectamente, repercuten en nós.
Ademais de todo isto, agora xa sabemos grazas a epixenética (máis aló da xenética), que a nosa dieta, estilo de vida...pode activar como desactivar os nosos xens e predispoñelos para sufrir determinadas enfermidades.
As tendas bio, ecolóxicas, coma esta que abriu n'A Coruña, asegúranos a calidade dos seus produtos.
SOMOS O QUE COMEMOS.

2 comentarios:

noe cousillas dijo...

pois a ver se veñen pronto abrir unha en carballo, porque como que ter que ir facer a compra en coruña...jajaj

marta cendan dijo...

noe te alegrara saber que la idea la tienen si al final la abren ya os aviso.
un biko