Excursión ao obradoiro de fármacos

Os alumnos de bioloxía de 1º Bacharelato A ,o 5 de marzo, saímos con Xabier Caruncho para a Domus de A Coruña. Fomos a un taller de fármacos. Onde o obxectivo era que fixeramos unha das fases da síntese dun fármaco, concretamente este era para o Párkinson, xa que como nos explicaron alí, unha persoa que padeza esta enfermidade ten que estar continuamente tomando unha chea de pastillas e o que pretenden con isto e reducir o número de pastillas a unha soa. Traballamos nun laboratorio aínda que improvisado, xa que o montaron onde están as mesas do comedor, bastante realista o que en conxunto co noso equipamento (batas de quirófano,

lentes de laboratorio e guantes) fíxonos, durante esas horas, sentirnos como uns verdadeiros científicos. Ademais traballamos con moito coidado, debido a que traballamos con produtos tóxicos ao contacto coa pel e tamén como nos avisaron alí por vía oral. O taller foinos dado por dúas rapazas, que nos explicaron todas as dúbidas que tiñamos e tiveron bastante paciencia xa que estabamos seguido sacando fotos a todo. O final de todo o proceso, despois de pesar, mesturar, observar... miramos o noso resultado mediante a luz ultravioleta. O resultado foi que algúns saíron ben e outros non tanto, pero sobre todo que pasámolo xenial e levamos á practica a teoría que nos dan nas clases o que axuda a entender as cousas moito mellor. Para rematar a excursión e despois de moitas anécdotas demos unha volta rápida pola Domus.

Artículo redactado por: Carla Souto Varela 1ª Bach A

1 comentarios:

uxi dijo...

A min tamén me gustaría ir, que pena que o ano pasado non houbera isto!!
Esperemos que siga polo vrán...