Son células non especializadas, capaces de transformarse en calquera tipo de célula do organismo.
Atendendo á capacidade de producir texidos diferentes existen tres tipos de células nai:
Totipotentes: capaces de dar lugar a un organismo completo.
Pluripotentes: capaces de producir calquera dos tecidos dun organismo.
Multipotentes: só crean os tipos celulares dun texido determinado.
As dúas caras da moeda. Si ou non á experimentación e utilización de células nai?
Pro células nai
O 60% dos cidadáns españois desexa que se investigue con células nai se isto serve para solucionar problemas de saúde que hoxe en día seguen sendo incurables, tal e como aseguraron representantes españois no no Congreso Mundial sobre a Liberdade da Investigación Científica, en Roma. Aínda así, non toda a sociedade se atopa de acordo con esta postura.
Anti células nai
En palabras da Igrexa…
Se a obtención de esas células esixe a destrucción dun embrión humano, resulta evidente que este recurso é eticamente inadmisíbel. Non é lícito matar a un embrión humano para obter células que, hipotéticamente, poderían servir para curar enfermidades. E a razón é moi clara: A vida humana debe ser respetada e protexida de maneira absoluta dende o primeiro momento da concepción.
E ti?? Que opinas???
CÉLULAS NAI POR DEFINICIÓN
Publicado por salud en 4/12/2006 11:28:00 p. m.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentarios:
Un gran traballo.Son profesor de facultade de medicina de Santiago e sería un auténtico pracer ter a estes dous rapaces como alumnos.Noraboa.
Publicar un comentario