Menudo dîa que pasamos!!! Xa pasa de medianoite, e estamos cansadîsimos!!
Como vos dixemos, fomos ô Museo do Prado, e cando a ilusiôn era mâxima, cando as ganas de entrar eran enormes, cando estabamos ata as narices de facer cola...non poidemos entrar! Asique media hora perdida; pero Ana Luz conseguiu unha autorizaciôn do Ministerio de Educaciôn (que ben soa, verdade?) coas sûas influencias, e xa temos cita concertada para mañâ.
Fomos camiñando ata a Estaciôn de Atocha, que mâis ben parecîa que estaba en Sevilla...,e disfrutamos dun pouco tempo libre. Diversas fontes coinciden en que a experiencia e a sensaciôn vivida serâ inolvidable.
Chegamos a Cosmocaixa âs 13:00, pensando que nos esperaba unha variedade de comida que...nunca chegarîa!! Ô chegar atopâmonos coa sorpresa de que o servicio de comida non estaba dispoñible HOXE, e ofrecêronnos a alternativa de xantar uns bocatas, que por certo, estaban de vicio!!!
Inmediatamente comezou o traballo de verdade...
Tras uns instantes de observaciôn libre dividîmosnos en dous grupos e cada un foi facer o seu respectivo taller de fîsica e quîmica. Todo o que aprendemos non volo podedes imaxinar...e o ben que o pasamos...
Exercemos de quîmicos e quîmicas por unha hora, axudândolle â monitora a realizar as prâcticas: tapamos un cubito de xeo cunha bufanda, fritimos un ovo con nitrôxeno lîquido, lavamos unha naranxa tamên con nitrôxeno, fixemos unha ensalada...etc., en resumo, traballamos moi duro.
O problema veu cando nos levaron ô planetario, porque o que mâis e o que menos entrou no planeta en fase "REM".
Pero o traballo non rematou aquî, porque xusto despois fixemos un recorrido pola vida e investigaciôn de Einstein, unha exposiciôn moi interesante que logrou despexarnos un pouco e facernos entrar de novo no plano da eclîptica. Dende isto puxêmosnos mans â obra para intentar relacionar todas as forzas, algo que el non conseguiu facer pero que nos deixou como cometido.
O mellor estaba por chegar...porque nos esperaba un viaxe no metro de 11 paradas!!! INOLVIDABLE, esa ê a palabra que definirîa perfectamente esta experiencia: descubrimos que as portas non abrîan solas, senôn que as tiñamos que abrir nôs, que para baixarse hai que andar a empuxôns, e incluso a algunha deulle tempo a tratar de interpretar un periôdico chino!!
Como collemos atasco, para non variar, solo tivemos un pouquiño para descansar antes de ir ô teatro. Neste tempo, a algunhas persoas xurdiulle unha extraña obsesiôn por comprar loterîa...acabamos empapados (de ciencia e de choiva)
A obra de teatro foi boîsima!!!Outras opinan que o mâis "boîsimo" foi o actor...Miguel Angel Muñoz!!!! Pero poñêndonos serios, tivemos a sorte de topar cuns moi bos actores, que axudados dun interesante argumento fixêronnos disfrutar dunha divertida funciôn. Aproveitamos para darlle as gracias a Violeta pola sûa exitosa elecciôn.
Xa vos adiantamos que mañâ faremos o ûltimo parte informativo con conexiôn vîa satêlite dende Madrid, e o luns poderedes facernos todas as preguntas que queirades en directo dende o instituto, porque lamentablemente, xa estaremos de volta, pois isto remata...
ISTO REMATA...
Publicado por salud en 11/02/2006 11:19:00 p. m.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentarios:
hola!!!
bienvenidos!!
me alegro de que el viaje haya sido tan fantástico, tenéis mucha suerte en mi insti no hacen esas cosas, qtal las profes?se portaron bien?
que suerte ver a Miguel Ángel Muñoz!!
SaludOs..
Publicar un comentario