Volveron polo Instituto un ratiño
O venres 30 de marzo, como último acto da “II Semana da Saúde”, os ex-alumnos do centro, que cursan neste momento carreiras e ciclos relacionados coa saúde (como Farmacia, Odontoloxía, Fisioterapia, Podoloxía ...) e algunhas de tecnoloxía (Exeñería de Obras Públicas...), volveron ao centro para dar unha charla aos alumnos dos bacharelatos interesados. A charla durou dúas horas, nas que se falou tanto de aspectos educativos como de residencia nas cidades universitarias, como tamén das saídas nocturnas e profesionais, e demais aspectos da vida universitaria en xeral. Unha gran axuda, tanto para elixir o futuro educativo como para aprender a adaptarse ao cambio que supón a vida nos estudos superiores.
Por Víctor Cebey 2º de Bach. A
O FIN DE FESTA DO VENRES COA VISITA DOS EXCOMPAÑEIROS
Publicado por salud en 4/01/2007 07:37:00 p. m.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario