Foto dunha galaxia. Tralo Big Bang formáronse galaxias
con estrelas e buracos negros.
En bioloxía, os de 1º de Bacharelato do grupo B comezamos o curso vendo unha película titulada”El origen de la vida”, onde se contaba todo este proceso ao longo do tempo.
Segundo a película, todo comezou cando tralo Big Bang se formaron galaxias con estrelas e buracos negros. A Terra orixinouse hai 5.000 millóns de anos e ao principio, algo que a min me sorprendeu, non había osíxeno nin auga. Unha vez que a auga estivo presente (mediante unha choiva que durou millóns de anos), fóronse formando moléculas que se duplicaban.
Ademais dicía cómo se orixinaron as especies e cómo sobrevivían estas: a súa maneira de reproducirse, cómo evolucionaban… E daba datos que eu descoñecía e me pareceron interesantes, por exemplo, que ao principio as células non tiñan núcleo, que non houbo organismos vivos na terra ata hai 1000 millóns de anos, ou que o osíxeno cambiou as características da
atmosfera.
Núcleo celular. Ao principio as células eucariotas non tiñan núcleo. Este apareceu hai uns 700 millóns de anos.
Tanto a min como aos meus compañeiros pareceunos un bo xeito de comezar o curso, porque aprendemos cousas novas dun xeito ameno e divertido. Foi unha clase distinta, e moi boa para comezar de novo tralo verán.
María Lorenzo Pensado.
DE PELÍCULA EN BIOLOXIA
Publicado por salud en 9/30/2007 08:50:00 p. m.
XA ESTAMOS EIQUÍ DE NOVO CO PALIQUE DE CIENCIAS
NESTOS PRIMEIROS DÍAS XA TEMOS NOVIDADES
CARAS NOVAS ENTRE OS PROFES:
ALBERTO, Mª CARMEN E OUTRA Mª JOSÉ QUE TAMÉN DA FÍSICA E QUÍMICA
En 3º xa non haberá Ciencias Medioambientais, a ver como apañamos podendo collelas solo en 4º
En 1º de ESO haberá unha asignatura nova que tratará temas de SAÚDE
Volvemos a ter alumnas en 2º de Bac que cursan a doble vía con Bioloxía de optativa
Publicado por salud en 9/22/2007 08:53:00 p. m.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)