0 comentarios

DE PELÍCULA EN BIOLOXIA


Foto dunha galaxia. Tralo Big Bang formáronse galaxias
con estrelas e buracos negros.

En bioloxía, os de 1º de Bacharelato do grupo B comezamos o curso vendo unha película titulada”El origen de la vida”, onde se contaba todo este proceso ao longo do tempo.
Segundo a película, todo comezou cando tralo Big Bang se formaron galaxias con estrelas e buracos negros. A Terra orixinouse hai 5.000 millóns de anos e ao principio, algo que a min me sorprendeu, non había osíxeno nin auga. Unha vez que a auga estivo presente (mediante unha choiva que durou millóns de anos), fóronse formando moléculas que se duplicaban.


Ademais dicía cómo se orixinaron as especies e cómo sobrevivían estas: a súa maneira de reproducirse, cómo evolucionaban… E daba datos que eu descoñecía e me pareceron interesantes, por exemplo, que ao principio as células non tiñan núcleo, que non houbo organismos vivos na terra ata hai 1000 millóns de anos, ou que o osíxeno cambiou as características da
atmosfera.


Núcleo celular. Ao principio as células eucariotas non tiñan núcleo. Este apareceu hai uns 700 millóns de anos.


Tanto a min como aos meus compañeiros pareceunos un bo xeito de comezar o curso, porque aprendemos cousas novas dun xeito ameno e divertido. Foi unha clase distinta, e moi boa para comezar de novo tralo verán.

María Lorenzo Pensado.

2 comentarios

XA ESTAMOS EIQUÍ DE NOVO CO PALIQUE DE CIENCIAS

NESTOS PRIMEIROS DÍAS XA TEMOS NOVIDADES

CARAS NOVAS ENTRE OS PROFES:
ALBERTO, Mª CARMEN E OUTRA Mª JOSÉ QUE TAMÉN DA FÍSICA E QUÍMICA

En 3º xa non haberá Ciencias Medioambientais, a ver como apañamos podendo collelas solo en 4º

En 1º de ESO haberá unha asignatura nova que tratará temas de SAÚDE

Volvemos a ter alumnas en 2º de Bac que cursan a doble vía con Bioloxía de optativa

0 comentarios

UNHA VEZ MÁIS, FÓRA DA AULA TAMÉN SE APRENDE

Unha vez máis, os alumnos de ciencias de 1º de Bacharelato saímos da aula. Nesta ocasión, para facer un traballo de campo no que analizamos as dunas de Baldaio. Quedamos moi sorprendidos, pois nunca chegamos a pensar que unha simple morea de area tivese tantas partes e tantas especies de plantas diferentes.



Nada máis chegar, xantamos cuns bocadillos e comezamos a tarefa. Por sorte o bo tempo acompañounos en todo momento e poidemos realizar con éxito a nosa “misión”.
Fóra da clase e de horarios escolares, ampliamos este día os nosos coñecementos sobre a nosa zona costeira e a botánica de dito lugar.
Logo no instituto elaboramos diversos traballos coas mostras de plantas que recollemos en Baldaio e fixemos ademáis unha exposición con estas (que podedes ver se pasades polo hall do colexio).
Quédavos así demostrado que: ¡FÓRA DA AULA TAMÉN SE APRENDE!

0 comentarios

APOSTANDO POLO RIGOR CIENTÍFICO

El Armagedón que no llega



Los alumnos de Ciencias del IES Parga Pondal de Carballo apuestan por el rigor científico a la hora de informarse sobre el tan manido cambio climático

Ante la vorágine peliculera, hay que ser cautos. Es cierto que el impacto de la humanidad en las alteraciones ambientales es algo contrastable. Los incendios forestales, la contaminación atmosférica, la degradación de los ríos... Eso lo hemos hecho todo nosotros con nuestras manitas. Pero de ahí a vaticinar la desaparición de la Tierra hay un trecho. Ahora bien, ante eso quedan dos alternativas: creernos el rollo y echarnos a temblar, o ir a las fuentes para conocer la verdad. Los chicos del departamento de Ciencias del IES Parga Pondal de Carballo se han mostrado muy activos en el trabajo de investigación. Y no sólo de palabra. Han publicado varias ediciones sobre salud, y alimentan constantemente una página web con muchísima información (www.rotativasaludable.blogspot.com). Échenle un vistazo.




Ayer celebraron el Día Mundial del Medio Ambiente. Con rigor, como debe ser. Por eso, tuvieron la suerte de contar con el catedrático Juan Ramón Vidal , director del Xeolóxico de Laxe, que ofreció una charla sobre el cambio climático en Galicia.

19 comentarios

ENTREVISTA NA PRENSA AO NOSO CONFERENCIANTE

«Predicir o clima non é o mesmo que gobernalo»
Entrevista | Juan Ramón Vidal Romaní




Os alumnos do IES Parga Pondal, de Carballo, celebran hoxe o Día Mundial do Medio Ambiente recibindo unha visita deste experto universitario para falar do cambio climático

(á. p. | carballo)? escepticismo sobre as posibilidades de loitar contra o cambio climático é unha das cuestións que o catedrático de Xeodinámica da Facultade de Ciencias de A Coruña e director do Laboratorio Xeolóxico de Laxe e do Instituto Xeolóxico Isidro Parga Pondal, Juan Ramón Vidal Romanía, abordará hoxe na biblioteca do instituto carballés (13.00).





-¿Cales son ou van ser as repercusións do cambio climático en Galicia?

-O certo é que é unha cousa natural na que o home ten moi pouco que ver. O aumento do nivel do mar leva a producirse desde hai 15.000 anos e desde entón xa se están a ver as súas consecuencias nas praias. Aquí mesmo, na ría de Laxe e Ponteceso, as augas que antes eran doces agora son salgadas e iso repercute no ecosistema. Tamén, as construcións máis ou menos legais como unha feita recentemente no Anllóns vanse ver cada vez máis afectadas pola acción do mar.









-¿E que se pode facer?

-O único xeito de deter o mar e facer o mesmo que os holandeses: construír diques. Hai que comezar a pensar que esa é a solución para aquelas cidades grandes que están xunto ao mar e darse conta tamén que cando a Xunta di que non se vai poder construír a menos de 500 metros do mar está dando resposta a este problema.

-¿Pero non hai xeito de cambiar esta tendencia?

-O cambio climático non se pode frear porque o CO2 é consubstancial ao noso xeito de vida e as emisións son imposibles de deter. Por exemplo, unha vaca produce máis CO2 que cinco coches e isto é algo que non se pode evitar porque non podemos pasar sen vacas nin sen leite.

-Aínda así, hai fontes de enerxías menos contaminantes que o petróleo.

-É certo, pero cando falamos da eólica saen os ecoloxistas dicindo que crean impacto visual. Algo semellante ocorre coa nuclear. A xente non é consecuente cando fala de enerxías xa que non quere unhas porque contaminan nin as outras porque son feas.

-¿Se estamos ante algo irremediable, a que se debe o alarmismo actual?

-Eu creo que estamos ante unha moda. Primeiro empezaron a dicir que os frigoríficos que empregaban gases CFC danaban a capa de ozono e houbo que cambiar os aparatos por outros, e agora din que o buraco da capa evolucionaba como sempre. Agora é a moda do CO2 debido á película de Al Gore.

-Pero o protocolo de Kyoto xa dera a voz de alerta.

-Pero o problema non é o protocolo de Kioto ou se Estados Unidos firma ou non. O mar sube desde hai 15.000 anos e iso é imparable.

-De todos os xeitos, o impacto do home sobre o medio semella innegable.

-E así é, pero a cuestión é ¿que se pode facer ante isto? ¿Hai que deixar de moverse en coche, de ter fillos? ¿Temos que prohibirlle a China e India que se desenvolvan?

-Esa parece a mensaxe das multinacionais.

-Pode, pero, cando un se fixa en que a porcentaxe do prezo da gasolina que se leva o Estado supón tres cuartas partes do custo se plantexa, ¿quen se aproveita máis? Os propios estados que o que tratan é de asustar a poboación e por máis impostos.

-Os ecoloxistas alertan tamén sobre o cambio.

-Eles queren que se manteña o medio, pero neste caso están sendo manexados. Eu son moi escéptico sobre a posibilidade de gobernar o clima. Podemos predicilo pero iso non é o mesmo que gobernalo

6 comentarios

O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE ESTÁ A CAER E ESTAMOS A PREPARALO

ESTE ANO O LEMA É

O DESHIELO: ¿UN TEMA CANDENTE?


CONSEGUIMOS CONTAR CUN CONVIDADO DE LUXO, (É QUE TEMOS UNHAS PROFES QUE VALEN UN MUNDO) UN INVESTIGADOR DE RECOÑECIDO PRESTIXIO MUNDIAL VAI VIR A FALARNOS DO CAMBIO CLIMÁTICO EN GALICIA. DE SEGURO QUE VAI HABER SORPRESAS NO QUE NOS DIGA, XA IREMOS CONTANDO, PERO POLO DE PRONTO PODEMOS DICIR QUE SE TRATA DO DR. JUAN RAMÓN VIDAL ROMANÍ, CATEDRÁTICO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA.

Pinchade na imaxe e veredes o cartel que anuncia o acto

1 comentarios

XA ESTÁ AQUÍ A REVISTA DA II SEMANA DA SAÚDE

Por fin rematamos a revista. Para ampliar a imaxe, pulsa sobre ela.

































2 comentarios

PRESENTACIÓN O VENRES DE ROTATIVA SAUDABLE

PINCHA NO TÍTULO

0 comentarios

O FIN DE FESTA DO VENRES COA VISITA DOS EXCOMPAÑEIROS


Volveron polo Instituto un ratiño



O venres 30 de marzo, como último acto da “II Semana da Saúde”, os ex-alumnos do centro, que cursan neste momento carreiras e ciclos relacionados coa saúde (como Farmacia, Odontoloxía, Fisioterapia, Podoloxía ...) e algunhas de tecnoloxía (Exeñería de Obras Públicas...), volveron ao centro para dar unha charla aos alumnos dos bacharelatos interesados. A charla durou dúas horas, nas que se falou tanto de aspectos educativos como de residencia nas cidades universitarias, como tamén das saídas nocturnas e profesionais, e demais aspectos da vida universitaria en xeral. Unha gran axuda, tanto para elixir o futuro educativo como para aprender a adaptarse ao cambio que supón a vida nos estudos superiores.
Por Víctor Cebey 2º de Bach. A

0 comentarios

O XOVES FIXEMOS DE TODO...

COMA SEMPRE PINCHA NO TÍTULO

0 comentarios

O MÉRCORES HOUBO DE TODO...

ARTÍCULO COMPLETO PINCHANDO NO TÍTULO

En el instituto Parga Pondal, la lluvia no amilanó a los profesores y alumnos que, durante toda la mañana, se dieron relevos en una nueva edición de su Carreira da Saúde y que batieron el récord de kilómetros totales recorridos del año pasado (41) para dejar la nueva marca en 68,114. Una visita al hospital materno infantil de A Coruña y una charla sobre lesiones medulares completaron el programa de ayer. Hoy, además de una nueva sesión informativa sobre esas lesiones, los alumnos podrán seguir las explicaciones del personal de la Cruz Roja sobre los peligros del alcohol y el tabaco, de los agentes de la Policía Local sobre la seguridad vial, y de la experta en nutrición Elisa Martínez Puga sobre los hábitos alimenticios saludables.

0 comentarios

O MARTES DA SEMANA DA SAÚDE PASOU...

PINCHA NO TÍTULO

1 comentarios

ASÍ FOI O LUNS DA NOSA SEMANA DA SAÚDE

SE PINCHAS NO TÍTULO VERÁS A NOTICIA.
SE O FAS NO SEGUINTE ENLACE TES OUTRA:
http://www.lavozdegalicia.es/ed_bergantinos/noticia.jsp?TEXTO%3d5664696



ADEMAIS NO "DIARIO DE BERGANTIÑOS" DE HOXE MARTES PODE VER



0 comentarios

O LUNS TAMÉN FALAN DE NÓS

0 comentarios

O SÁBADO XA SAÍMOS NA PRENSA

PINCHA NO TÍTULO E VERÁS

0 comentarios

A SEGUNDA SEMANA DA SAÚDE XA ESTÁ A PIQUES DE ARRANCAR

ACTIVIDADES DIARIAS, PERMANENTES AO LONGO DE TODA A SEMANA:1.- Almorzos (froita cereais, cacao, leite, biscoito...) e merendas (bocadillos, e froita) todo moi saudable e para todo o alumnado de centro, os gastos son sufragados pola APA de Centro
2.– Obradoiros permanentes na entrada do Instituto:
- Exposición moi didáctica sobre diferentes tipos de auga, leite, aceite, alga, setas...
- Exposición de revistas sobre vida saudable
- Toma de tensión arterial
– Cálculo de proteínas
– Índice de masa corporal
- Depuradora de auga
- Exposición das propiedades nutritivas dos productos do noso campo
- “Froitas e verduras animadas”
3.- REDACCIÓN DA REVISTA "ROTATIVA SAUDABLE"
4.- ATUALIZACIÓN DA WEB www.rotativasaludable.blogspot.com
LUNS- 4º ESO ÁS 13:00H CONFERENCIA: “TATUAXES, PEARCING E OUTRAS PRÁCTICAS E USOS QUE MODIFICAN O ASPECTO CORPORAL” a cargo do Doutor Don José Carro Otero, Presidente dá Real Academia de Medicina e Ciruxía de Galicia co patrocinio dá Deputación Provincial da Coruña.
2º BAC ás 17:00 Proxección de “ En busca de la felicidad”

MARTES:-2º ESO 12:00/12:50H :CHARLA DE EDUCACIÓN AMBIENTAL PROXECTO “POLO MONTE” DA CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL E PROXECTO VOZ NATURA (Causas dos lumes, prevención, protección ante os incendios, extinción e beneficios do monte)
- Actividades de DEPORTE ESCOLAR, recibimos a visita do IES de Narón
3º ESO ÁS 10:00 /12:00 CHARLA TEÓRICO-PRÁCTICA DE TAEKONDO

MÉRCORES:- 9:30/13:30H VISITA AO LABORATORIO DE XENÉTICA E MATERNO INFANTIL (A CORUÑA) 1º, 2º BAC DE BIOLOXÍA para realizar prácticas de xenética, cariotipo, extracción de ADN, Hibridación...
- 11:30/12:30H CONFERENCIA PARA BACHARELATO E CICLOS: “PÓDECHE PASAR A TI” (LESIÓNS MEDULARES.) Trátase dunha parola coloquio na que participarán un médico e un parapléxico, está organizada pola AESLEME (Asociación para o estudo da lesión medular) co patrocinio da Dirección Xeral de Tráfico
- ESO: TERCEIRA CARREIRA DA SAÚDE

XOVES- DEPORTE ESCOLAR coa visita do IES Monte Neme
- 12.00-14:30 1º diso: ACTIVIDADES SOBRE CONSUMO DE ALCOHOL E OS SEUS MITOS E O TABACO (PRÁCTICA SOBRE VOS SEUS DÁNOS) A CARGO DE MONITORES DA CRUZ VERMELLA
- 11:30/12:30H CONFERENCIA PARA BACHARELATO E CICLOS: “PÓDECHE PASAR A TI” (LESIÓNS MEDULARES.) Trátase dunha parola coloquio na que participarán un médico e un parapléxico, está organizada pola AESLEME (Asociación para o estudo da lesión medular) co patrocinio da Dirección Xeral de Tráfico
- 3º ESO CONFERENCIA: “HÁBITOS ALIMENTICIOS” a cargo de Dona Elisa Martínez Puga, experta en nutrición do Colexio de Farmacéuticos da Coruña.
1º ESO ás 16: 40 CHARLA E PRÁCTICAS DE SEGURIDADE VIAL a cargo da POLICÍA LOCAL DE CARBALLO
- 1º BAC ás 16:30 Proxección de “ En busca de la felicidad”

VENRES11:30/12:50H 2º de bach MESA REDONDA EX-ALUMNOS/AS A ALUMNOS/AS DE BAC DE CIENCIAS que contarán as súas experiencias como estudiantes de Medicina, Enfermería, Fisioterapia, Podoloxía, Enxeñería de de Obras Públicas...

1 comentarios

YA ESTÁ LA MAQUINARIA ENGRASADA PARA LA...

0 comentarios

DEPURADORA DE AGUAS




















Los alumnos de 4º eso aprenden a construir una depuradora de aguas en la asignatura de Ciencias Medioambientales bajo la dirección de Rosario Yolanda Vázquez Suárez, profesora de Ciencias del instituto Alfredo Brañas .

Una vez realizado un primer ensayo, Rubén Gómez Amado, Manuel Lamas España, Sergio Caamaño Remuiñán y José Antonio Lorenzo Cancela y Alexandre Negreira Rodríguez, les muestran a sus compañeros de clase los resultados obtenidos. Dado el éxito de explicación y funcionamiento práctico estos alumnos están ilusionados por presentarlo como experiencia a todos sus compañeros del centro en la 2ºSemana de la Salud, que se celebrará entre los días 26-30 de marzo.

0 comentarios

DÍA DA PAZ NO I.E.S. ISIDRO PARGA PONDAL!!!!!!!



Hoxe, como conmemoración do día da paz, no noso instituto houbo diversas actividades ao longo do día que merecen ser mencionadas:
1º.- Para romper coa monotonía de todos os días, hoxe, na contra de poñer o habitual timbre, puidéronse escoltar diversas cancións protesta ( como a famosa “imagine” de Jonh Lennon).
2º.- Na hora do recreo, tamén se puido ver nun proxector imaxes relacionadas co día da paz. Debeu de ser un éxito xa que había moita xente mirando!
3º.- Tamén se colgaron en todas as paredes do instituto carteis que tiñan algo que ver co día da paz. Por exemplo, había moitos carteis que se referían a unha persoa que traballou moito pola paz, GANDHI, ou tamén, a que persoas lle deron o premio Nobel da Paz.
4º.- Por último, e non menos importante, colgáronse en todas as clases carteis nos que se tiña que poñer porque estás de acordo coa paz, porque non e que propós para que se manteña ou mellore a paz. Para que logo digan que os alumnos non participamos...

2 comentarios

DE SETAS E DE ALGAS








HOLA A TODOOSSSSSSSS E TODAAAAAASSSSS !!!!!!!!!!!!!!!!!!
Como podedes imaxinar o Departamento de Ciencias da Natureza segue a sorprender. Os alumnos de 1º de Bacharelato de ciencias, acudimos acompañados das nosas profesoras (Ana Luz e María José ``As Paseadoras´´) a Porto-Muiños (Cambre ) . Ainda que o tempo non acompañou moito, pasámolo fenomenal .
PERO QUE XENTE TAN AMABLEEEEEEEEEEEE !!!!!!!!!!!!
Primeiramente Manuela explicounos a estructura da súa empresa. A continuación ensinounos como se producía o micelio ¿¿¿¿¿¿¿ pero que será eso do micelio ?????? Preguntádello ós de 1º de Bacharelato , porqueeee NAS SAÍDAS SEMPRE SE APRENDE maís que todo o día cos librosssssssssss. Despois pasamos a ver as setas xa listas para recolectar. Ah !!!! Nós tamén cooperamos e como temos fama de ´´moinos ´´ non quedou maís remedio que traelas para a casa, aínda que nos deron 200gr de setas e unha lata de algas en conserva.

0 comentarios

ACTIVIDADES SOBRE O SIDA