0 comentarios

UNHA VEZ MÁIS, FÓRA DA AULA TAMÉN SE APRENDE

Unha vez máis, os alumnos de ciencias de 1º de Bacharelato saímos da aula. Nesta ocasión, para facer un traballo de campo no que analizamos as dunas de Baldaio. Quedamos moi sorprendidos, pois nunca chegamos a pensar que unha simple morea de area tivese tantas partes e tantas especies de plantas diferentes.



Nada máis chegar, xantamos cuns bocadillos e comezamos a tarefa. Por sorte o bo tempo acompañounos en todo momento e poidemos realizar con éxito a nosa “misión”.
Fóra da clase e de horarios escolares, ampliamos este día os nosos coñecementos sobre a nosa zona costeira e a botánica de dito lugar.
Logo no instituto elaboramos diversos traballos coas mostras de plantas que recollemos en Baldaio e fixemos ademáis unha exposición con estas (que podedes ver se pasades polo hall do colexio).
Quédavos así demostrado que: ¡FÓRA DA AULA TAMÉN SE APRENDE!

0 comentarios

APOSTANDO POLO RIGOR CIENTÍFICO

El Armagedón que no llega



Los alumnos de Ciencias del IES Parga Pondal de Carballo apuestan por el rigor científico a la hora de informarse sobre el tan manido cambio climático

Ante la vorágine peliculera, hay que ser cautos. Es cierto que el impacto de la humanidad en las alteraciones ambientales es algo contrastable. Los incendios forestales, la contaminación atmosférica, la degradación de los ríos... Eso lo hemos hecho todo nosotros con nuestras manitas. Pero de ahí a vaticinar la desaparición de la Tierra hay un trecho. Ahora bien, ante eso quedan dos alternativas: creernos el rollo y echarnos a temblar, o ir a las fuentes para conocer la verdad. Los chicos del departamento de Ciencias del IES Parga Pondal de Carballo se han mostrado muy activos en el trabajo de investigación. Y no sólo de palabra. Han publicado varias ediciones sobre salud, y alimentan constantemente una página web con muchísima información (www.rotativasaludable.blogspot.com). Échenle un vistazo.




Ayer celebraron el Día Mundial del Medio Ambiente. Con rigor, como debe ser. Por eso, tuvieron la suerte de contar con el catedrático Juan Ramón Vidal , director del Xeolóxico de Laxe, que ofreció una charla sobre el cambio climático en Galicia.

39 comentarios

ENTREVISTA NA PRENSA AO NOSO CONFERENCIANTE

«Predicir o clima non é o mesmo que gobernalo»
Entrevista | Juan Ramón Vidal Romaní




Os alumnos do IES Parga Pondal, de Carballo, celebran hoxe o Día Mundial do Medio Ambiente recibindo unha visita deste experto universitario para falar do cambio climático

(á. p. | carballo)? escepticismo sobre as posibilidades de loitar contra o cambio climático é unha das cuestións que o catedrático de Xeodinámica da Facultade de Ciencias de A Coruña e director do Laboratorio Xeolóxico de Laxe e do Instituto Xeolóxico Isidro Parga Pondal, Juan Ramón Vidal Romanía, abordará hoxe na biblioteca do instituto carballés (13.00).





-¿Cales son ou van ser as repercusións do cambio climático en Galicia?

-O certo é que é unha cousa natural na que o home ten moi pouco que ver. O aumento do nivel do mar leva a producirse desde hai 15.000 anos e desde entón xa se están a ver as súas consecuencias nas praias. Aquí mesmo, na ría de Laxe e Ponteceso, as augas que antes eran doces agora son salgadas e iso repercute no ecosistema. Tamén, as construcións máis ou menos legais como unha feita recentemente no Anllóns vanse ver cada vez máis afectadas pola acción do mar.









-¿E que se pode facer?

-O único xeito de deter o mar e facer o mesmo que os holandeses: construír diques. Hai que comezar a pensar que esa é a solución para aquelas cidades grandes que están xunto ao mar e darse conta tamén que cando a Xunta di que non se vai poder construír a menos de 500 metros do mar está dando resposta a este problema.

-¿Pero non hai xeito de cambiar esta tendencia?

-O cambio climático non se pode frear porque o CO2 é consubstancial ao noso xeito de vida e as emisións son imposibles de deter. Por exemplo, unha vaca produce máis CO2 que cinco coches e isto é algo que non se pode evitar porque non podemos pasar sen vacas nin sen leite.

-Aínda así, hai fontes de enerxías menos contaminantes que o petróleo.

-É certo, pero cando falamos da eólica saen os ecoloxistas dicindo que crean impacto visual. Algo semellante ocorre coa nuclear. A xente non é consecuente cando fala de enerxías xa que non quere unhas porque contaminan nin as outras porque son feas.

-¿Se estamos ante algo irremediable, a que se debe o alarmismo actual?

-Eu creo que estamos ante unha moda. Primeiro empezaron a dicir que os frigoríficos que empregaban gases CFC danaban a capa de ozono e houbo que cambiar os aparatos por outros, e agora din que o buraco da capa evolucionaba como sempre. Agora é a moda do CO2 debido á película de Al Gore.

-Pero o protocolo de Kyoto xa dera a voz de alerta.

-Pero o problema non é o protocolo de Kioto ou se Estados Unidos firma ou non. O mar sube desde hai 15.000 anos e iso é imparable.

-De todos os xeitos, o impacto do home sobre o medio semella innegable.

-E así é, pero a cuestión é ¿que se pode facer ante isto? ¿Hai que deixar de moverse en coche, de ter fillos? ¿Temos que prohibirlle a China e India que se desenvolvan?

-Esa parece a mensaxe das multinacionais.

-Pode, pero, cando un se fixa en que a porcentaxe do prezo da gasolina que se leva o Estado supón tres cuartas partes do custo se plantexa, ¿quen se aproveita máis? Os propios estados que o que tratan é de asustar a poboación e por máis impostos.

-Os ecoloxistas alertan tamén sobre o cambio.

-Eles queren que se manteña o medio, pero neste caso están sendo manexados. Eu son moi escéptico sobre a posibilidade de gobernar o clima. Podemos predicilo pero iso non é o mesmo que gobernalo

6 comentarios

O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE ESTÁ A CAER E ESTAMOS A PREPARALO

ESTE ANO O LEMA É

O DESHIELO: ¿UN TEMA CANDENTE?


CONSEGUIMOS CONTAR CUN CONVIDADO DE LUXO, (É QUE TEMOS UNHAS PROFES QUE VALEN UN MUNDO) UN INVESTIGADOR DE RECOÑECIDO PRESTIXIO MUNDIAL VAI VIR A FALARNOS DO CAMBIO CLIMÁTICO EN GALICIA. DE SEGURO QUE VAI HABER SORPRESAS NO QUE NOS DIGA, XA IREMOS CONTANDO, PERO POLO DE PRONTO PODEMOS DICIR QUE SE TRATA DO DR. JUAN RAMÓN VIDAL ROMANÍ, CATEDRÁTICO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA.

Pinchade na imaxe e veredes o cartel que anuncia o acto