XA ESTAMOS TRABALLANDO NO RÍO

Por PATRY VILANOVA PEREIRA
Un grupo de alumnos de 4ºE.S.O de Ciencias da saúde colaboramos no "Proxecto Ríos" da asociación ecoloxista ADEGA. Aprendemos moitas cousas sobre a natureza, entre elas a multitude de bichos biolóxicos e naturais que conviven no Rego da Balsa, o regato que está ao lado do noso centro. Os monitores entre os cales había un moi atractivo, (opinión das alumnas) e que fixo algún que outro regalo. Tamén nos ensinaron a diferenciar as follas das árbores que forman a bonita paisaxe dos arredores dun río. Nunca saberiamos que o lado do noso instituto había tantas cousas interesantes que observar.
Pensaredes que é unha tontería ir a unha excursión a dous pasos do instituto, pero rímonos moito, aínda que pasamos moita vergoña cando os rapaces de bacharelato pasaran durante o seu recreo.
Estamos moi orgullosos de participar no proxecto e de que os monitores (Paco e Cris) nos ensinaran dunha forma tan,tan...como dicilo...PASÁMOLO XENIAL E RÍMONOS MOITO (poñemos isto porque non nos deixan poñer palabrotas). Tamén parecía que as profesoras Ana Luz e Mª José Mosquera o pasaban moi ben, en fin que estaban na súa salsa.





0 comentarios: