DÍA DA PAZ NO I.E.S. ISIDRO PARGA PONDAL!!!!!!!



Hoxe, como conmemoración do día da paz, no noso instituto houbo diversas actividades ao longo do día que merecen ser mencionadas:
1º.- Para romper coa monotonía de todos os días, hoxe, na contra de poñer o habitual timbre, puidéronse escoltar diversas cancións protesta ( como a famosa “imagine” de Jonh Lennon).
2º.- Na hora do recreo, tamén se puido ver nun proxector imaxes relacionadas co día da paz. Debeu de ser un éxito xa que había moita xente mirando!
3º.- Tamén se colgaron en todas as paredes do instituto carteis que tiñan algo que ver co día da paz. Por exemplo, había moitos carteis que se referían a unha persoa que traballou moito pola paz, GANDHI, ou tamén, a que persoas lle deron o premio Nobel da Paz.
4º.- Por último, e non menos importante, colgáronse en todas as clases carteis nos que se tiña que poñer porque estás de acordo coa paz, porque non e que propós para que se manteña ou mellore a paz. Para que logo digan que os alumnos non participamos...

0 comentarios: