IX OLIMPIADAS DE BIOLOXÍA
Alberto Ferreiro, Elena Vecino, María Liñares e Ana María Castro, catro alumnos do noso instituto participaron o pasado venres día 17 de xaneiro na Olimpiada de Bioloxía celebrada na Facultade de Bioloxía da USC. Tiveron que realizar dous exames, un teórico e un práctico, ademais de disfrutar dunha visita aos laboratorios do centro, así como a unha conferencia de zooloxía. Non conseguiron quedar entre os tres mellores pero puideron vivir unha gran experiencia, que sen dúbida non olvidarán.


0 comentarios: