XA TEMOS AS MÁQUINAS A TRABALLAR...!!

Acércase a III Semana da Saúde (10-14 marzo) do IES Isidro Parga Pondal...e as máquinas xa levan tempo traballando...
Este ano temos novidades...acercádevos durante esa semana polo hall do centro e poderedes ver todo o que levamos aprendido...
Haberá novos stands,(Biotaska, Chuchelandia, Biocondimentos, Hixiene, Ecotenda...) nos que veremos dende a composición das chucherias que a cotío comemos ata o xeito máis natural de asearnos.
Tamén faremos almorzos,préstamo de libros e revistas,venta de camisetas...
E como non, contaremos con expertos en ciencia da Universidade de A Coruña e de entidades privadas que nos falarán de diversos temas relacionados coa saúde, dos que iremos informando a medida que se concreten.

1 comentarios:

Anónimo dijo...

SUPONGO QUE HABRÁ REVISTA, COMO SIEMPRE.
¿ALGÚN VIDEO?